Hoxe inauguramos a nosa biblioteca, aínda que xa estaba funcionando a comezos de setembro, pero quixemos realizar unha presentación sobre o funcionamento da biblioteca para os/as novos/as usuarios/as. Primeiro o alumnado de sexto de educación promaría participante no club de lectura leron un discurso de apertura nomeando á mascota da nosa biblio, a garza Candela.
Tamén se presentaron todos os libros novos que se mercaron a finais do ano anterior para disfrutar deles todos/as os/as nenos/as.
![]() |
Logo presentouse ao alumnado o PDI que imos traballar este ano, titulado “A volta ao mundo en 175 días”. Para iso, repartimos diferentes bolsas para cada clase con distintas pistas acerca dun país.




No hay comentarios:
Publicar un comentario