viernes, 10 de octubre de 2025

Biblio-axudantes e Pasaporte Lector ✈️

 Unha das novidades este ano na biblioteca é que temos biblio-axudantes, son alumnos/as de sexto que veñen durante o tempo de recreo e a súa labor é a seguinte:

  • Organizar os libros 📕 e clasificalos.
  • Poñer pegatinas nos libros de acordo coa súa temática.
  • Axudar ao profesor/a de garda na biblio.
Os nosos biblio-axudantes contan cun carnet para ser identificados polo resto dos usuarios.
Temos un total de dez biblio-axudantes, é dicir, dous axudantes cada día.


Ademais tamén creamos uns pasaportes lectores, que están relacionados co noso PDI, e a súa finalidade é fomentar o hábito lector entre o alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario