lunes, 20 de octubre de 2025

Decoración das nosas portas

 Como primeira actividade do PDI “A volta ao mundo en 175 días” tiñamos que decorar as portas de cada clase con motivos relacionados coas viaxes.



viernes, 10 de octubre de 2025

Biblio-axudantes e Pasaporte Lector ✈️

 Unha das novidades este ano na biblioteca é que temos biblio-axudantes, son alumnos/as de sexto que veñen durante o tempo de recreo e a súa labor é a seguinte:

  • Organizar os libros 📕 e clasificalos.
  • Poñer pegatinas nos libros de acordo coa súa temática.
  • Axudar ao profesor/a de garda na biblio.
Os nosos biblio-axudantes contan cun carnet para ser identificados polo resto dos usuarios.
Temos un total de dez biblio-axudantes, é dicir, dous axudantes cada día.


Ademais tamén creamos uns pasaportes lectores, que están relacionados co noso PDI, e a súa finalidade é fomentar o hábito lector entre o alumnado.

jueves, 2 de octubre de 2025

Inauguración da biblioteca


 Hoxe inauguramos a nosa biblioteca, aínda que xa estaba funcionando a comezos de setembro, pero quixemos realizar unha presentación sobre o funcionamento da biblioteca para os/as novos/as usuarios/as. Primeiro o alumnado de sexto de educación promaría participante no club de lectura leron un discurso de apertura nomeando á mascota da nosa biblio, a garza Candela.


Tamén se presentaron todos os libros novos que se mercaron a finais do ano anterior para disfrutar deles todos/as os/as nenos/as.

 Logo presentouse ao alumnado o PDI que imos traballar este ano, titulado “A volta ao mundo en 175 días”. Para iso, repartimos diferentes bolsas para cada clase con distintas pistas acerca dun país.






lunes, 29 de septiembre de 2025

“A volta ao mundo en 175 días”

 Este curso 2025 - 26 comezamos un novo PDI chamado “A volta ao mundo en 175 días”, onde cada curso explorará un país diferente coa súa lingua, costumes e cultura. Xa estamos preparados para comezar a nosa viaxe!!! 



viernes, 28 de febrero de 2025

Entroido 🎭

Este venres 28 de febreiro celebramos o Entroido, todo o alumado ían disfrazados de deportes olímpicos: os de Infantil ían de hípica cos seus cabalos; os de 1° estaban moi guap@s de tiro ao arco coas súas dianas; os de 2° demostraron ser uns gran alpinistas con todos os seus complementos, os de 3° xogaron ao voleibol coma ninguén, os de 4° metéronse no papel dos antigos gregos que inauguraron os xogos olímpicos, os de 5° xogaron unha pachanga ao fútbol e os de 6° remataron cun partido de baloncesto. Estaban tod@s moi guap@s e desfrutaron moito deste día! 🥳



lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía 🌹

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía, para iso tivemos con nos a “Manuela Contacontos” que nos contou a historia de Rosalía de Castro, unha muller que deixou rastro! A verdade é que nos gustou moito este contacontos!